domingo, 28 de abril de 2013

Currículum Vitae



O interese de Maika pola danza xorde a unha idade ben temperá e as súas calidades destacan rapidamente, aínda que non será ata a súa adolescencia cando comece a formarse profesionalmente e cando descubra a danza oriental, que se converterá nunha das súas paixóns.

A medida que se vai introducindo na danza e cultura orientais, xorde un agudizado interese por asistir a numerosos e recoñecidos talleres de formación, impartidos por mestras de sona mundial, como a canadense Lesya Starr. O que comezara como unha mera afección, convértese nunha  saída profesional.
Pola súa vez, comeza a formarse en diversas disciplinas coma o flamenco, o bollywood, as danzas da Polinesia, o ballet, o ioga e o teatro. Participa como actriz de figuración en distintas series da televisión galega, o que enriquece o seu currículo e fai dela unha profesional con numerosos recursos.
No 2011 é titulada por AGAF (Asociación Galega de Aeróbic e Fitness) como técnica de iniciación á danza oriental, ano no que tamén pasa a formar parte da compañía galega de danza As Feiticeiras. Actúa en numerosos eventos (tanto en conxunto coma en solitario) para concellos, particulares, restaurantes, empresas de animación ou festivais audiovisuais como Amal, festival do cine e cultura árabe único en España.
Impartiu clases regulares de formación en academias como as santiaguesas Olimpo e o centro de terapias alternativas Oxygeno, e esporádicas na escola  de música Allegro (Milladoiro).
Na actualidade dedícase a impartir monográficos por toda a cidade co obxectivo de dar a coñecer ás mulleres as virtudes, a historia e a orixe desta fantástica danza, coñecida como a máis antiga e feminina do mundo.